jueves, 26 de junio de 2014

I PARADA FAMILIAR DE XOGOS TRADICIONAIS DE SAN SADURNIÑO

Esta actividade  realizouse o sábado 12 de abril en horario de 16:30 a 19:00. Participaron preto de 200 persoas entre alumnado, familias, profesorado e colaboradores, coordinados polo profesor de educación física do CPI de San Sadurniño, Iván Montes.
Para a súa organización, contouse coa colaboración da ANPA e do Concello. Presentouse unha batería de 18 xogos de rotación libre. Considérase que para ser a primeira vez que se organiza unha actividade deste tipo acadouse un número de participantes moi significativo, e agardamos repetir a experiencia en vindeiros cursos dada a boa acollida que tivo entre as familias.
Podedes ver todo o relativo a esta actividade no blogue: http://paradaxxttsansa.blogspot.com.es/


No hay comentarios:

Publicar un comentario